O PP de Compostela sinala que os nacionalistas están a pór a toda a hostalaría "como presuntos delincuentes"

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, reclamou ao Concello que retire a instrución de inspeccións aos establecementos hostaleiros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2023 | Actualizada ás 16:15

Comparte esta noticia

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, esixiu este xoves ao goberno local do BNG a retirada da instrución de inspeccións a hostalaría que, dixo, crea "un clima de hostilidade e desconfianza" cara ao sector.

"Os nosos restaurantes, cafetarías e locais son a esencia de Compostela, o goberno do BNG non pode crear un clima de hostilidade e desconfianza contra un dos alicerces da nosa cidade", dixo o representante popular.

Verea insistiu en que os nacionalistas "están a pór na diana a todos os restaurantes, bares e cafetarías como presuntos delincuentes" que "requiren unha vixilancia especial" e cualificou de "erro político" unha decisión que "converte aos centos de locais de hostalaría de Compostela nos malos alumnos que teñen que estar baixo unha disciplina especial".

Verea cre que esta instrución "non vai aclarar nada e vai xerar caos e inseguridade", xa que "está chea de xeneralidades que vai supor que se pechen uns locais si e outros non, tan só por decisións políticas".

O líder dos populares composteláns, Borja Verea.. PP DE SANTIAGO
O líder dos populares composteláns, Borja Verea.. PP DE SANTIAGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta