Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/11/2023 | Actualizada ás 17:33
Haberá ou non haberá pacto do PPdeG con Gonzalo Pérez Jácome?. Esa é unha das grandes incógnitas das vindeiras eleccións galegas tras a decisión do rexedor de Ourense de presantar un candidato co fin de "transformar a provincia de Ourense, de cincenta a Principado de Galicia".
A resposta xa lle chegou este mesmo xoves en boca do propio presiente galego. "Eu aspiro a manter a maioría absoluta para gobernar Galicia e tamén en Ourense onde tivemos un magnífico resultado e agardo telo nas autonoómicas para non estar obrigado a pactos", contestou ao ser preguntado pola decisión de Democracia Ourensana (DO).
O partido de Jácome apela ao abandono histórico de Ourense para tentar conseguir apoio electoral e condicionar o futuro goberno da Xunta. "Armando Ojea é o candidato ideal para liderar o proxecto que rescate a Ourense do secuestro orzamentario ao que a Xunta de Galicia someteuna nas últimas décadas, tanto desde os gobernos do PP, PSOE ou BNG", apuntaba. "É bo que que a xente compare as propostas duns e doutros", respondía Rueda.
"Nós non temos pacto con el. O único que aplicamos é que goberne a lista máis votada", insistiu tras os "pactos" aos que se chegou en Ourense entre PPdeG e DO para que un gobernara no concello e outro na deputación contrariamente á opinión que mantiña o líder popular, Manuel Cabezas. "Eu teño absoluta tranquilidade e o noso obxectivo é pactar con xente confiable", concluíu Rueda.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.