Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 18/11/2023 | Actualizada ás 20:09
Un home de 50 anos faleceu na tarde deste sábado mentres xogaba un partido de fútbol no campo de Nespereira, en Pazos de Borbén. O suceso ocorreu sobre as 17,00 horas, cando o home sufriu un desmaio cando estaba a xogar no campo. Tras recibir a alerta, o 061 Galicia enviou ata o lugar do suceso unha ambulancia de soporte vital avanzado e outra de soporte vital básico, así como o persoal sanitario da PAC de Redondela.
Con todo, só puideron certificar o falecemento da vítima, un home de 50 anos e iniciais V.D.A. Así mesmo, no operativo tamén foron mobilizados polo 112 os axentes da Garda Civil e membros do GES de Mos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.