Medio millón de galegos e galegas están vacinadas contra a covid-19 dentro da actual campaña

A porcentaxe mais alta rexístrase no grupo de 80-84 anos, cun 78% de cobertura, seguido do grupo de persoas con 85 anos ou máis, que alcanza o 72%, e da poboación con idades comprendidas entre os 70 e os 79 anos, cuxa cobertura supera o 63,5%.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2023 | Actualizada ás 18:03

Comparte esta noticia

Galicia superou xa o medio millón das doses administradas da vacina contra a covid-19 na actual campaña e ten no grupo entre 80 e 84 anos a porcentaxe máis alta de cobertura contra esta enfermidade.

Segundo informou a Consellería de Sanidade, desde o inicio da campaña de vacinación en centros sociosanitarios, o pasado 25 de setembro, un total de 509.471 persoas foron vacinadas polos servizos sanitarios públicos galegos.

En canto á cobertura media, a porcentaxe mais alto rexístrase no grupo etario de 80-84 anos, cun 78% de cobertura, seguido do grupo de persoas con 85 anos ou máis, que alcanza o 72%, e da poboación con idades comprendidas entre os 70 e os 79 anos, cuxa cobertura supera o 63,5%.

A Consellería de Sanidade agradeceu a toda a poboación "a súa colaboración e responsabilidade", así como aos profesionais que desenvolven o seu labor nos puntos de vacinación. A campaña finalizará o próximo 31 de decembro.

Unha muller vacínase o día de apertura do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) para a dobre inmunización fronte ao COVID e a gripe.. Javier Vázquez - Europa Press
Unha muller vacínase o día de apertura do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) para a dobre inmunización fronte ao COVID e a gripe.. Javier Vázquez - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta