Aumentan as vendas en feiras de libro en Galicia, segundo a Federación de Librarías

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2023 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

A Federación de Librarías de Galicia pechará 2023 cun "balance positivo", "máis socios que nunca", un total de 147 establecementos federados, e maior actividade nas feiras, segundo comunicou a entidade, que destaca o aumento da participación nas mesmas, así como das vendas.

"Un ano positivo, cheo de traballo e con moitos retos por diante", resume a directiva, que explica que "o catro provincias están agora mesmo altamente representadas na Federación, desde pequenas librarías independentes ata librarías de gran volume".

Respecto da súa actividade, o colectivo recalca a celebración das Feiras do Libro de Galicia, "que este ano contaron con 14 municipios e cuxas cifras de participación e vendas aumentaron con respecto a 2022"; así como as xornadas de formación para profesionais desenvolvidas ao longo do ano e a posta en marcha da Axenda Cultural de Librarías de Galicia.

No entanto, a directiva apunta á necesidade de "seguir traballando na liña da divulgación e facer forte o asociacionismo e a unión dentro do sector".

Libros e material colocado nos andeis dunha libraría
Libros e material colocado nos andeis dunha libraría | Fonte: David Zorrakino - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta