Temas: TVG NADAL GAYOSO

Gayoso presentará as badaladas de fin de ano con Rocío Durán e Noelia Rey naTVG desde a Praza do Obradoiro

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2023 | Actualizada ás 20:04

Comparte esta noticia

Xosé Ramón Gayoso volverá estar á fronte do 'Especial Badaladas' da Televisión de Galicia (TVG) acompañado das presentadoras Rocío Durán e Noelia Rey.

Segundo destaca a TVG, Gayoso pechará un ano "moi especial" no que anunciou que abandonaba temporalmente 'Luar', o que propiciou un concurso de ata 15 presentadores candidatos a substituílo.

Tras a súa volta hai unhas semanas, agora volverá acompañar aos galegos na chegada dun novo ano xunto con Rocío Durán, que conduce o magazín 'Hora Galega', e Noelia Rey, que presenta a 'Malicia Noticias' e en 2022 recolleu o Premio Circom ao Novo Talento en Pantalla.

Gayoso estará acompañado de Rocío Durán e Noelia Rei nas Badaladas da TVG desde a Praza do Obradoiro. TVG
Gayoso estará acompañado de Rocío Durán e Noelia Rei nas Badaladas da TVG desde a Praza do Obradoiro. TVG | Fonte: Europa Press

Temas: TVG NADAL GAYOSO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta