O PP de Santiago critica que sexa a Xunta a que custee o aparcadoiro do CHUS

Por E.P. | Compostela | 24/11/2023 | Actualizada ás 13:28

Comparte esta noticia

O portavoz municipal do PP de Santiago, Borja Verea, volveu a defender este venres a súa proposta para o aparcadoiro do Hospital Clínico e lamentou que o único que fixese o goberno municipal fose "dicir non".

En rolda de prensa, Verea criticou a moción conxunta que presentarán os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e PSOE ao pleno ordinario deste mes para pedir á Xunta que "asuma as súas competencias" e asuma o custo dun novo aparcadoiro para o Hospital Clínico Universitario (CHUS). Considera que se trata "Da foto do tripartito do non e do pasado".

"Nós, sen gobernar, pomos a disposición da cidade, futuro, modernidade e transformación. En seis meses, o único que puxo sobre a mesa o actual goberno da cidade foi o non. Difícil atopar un goberno máis triste e máis decepcionante (...). A súa única proposta é que non van pór un duro sobre a mesa", apuntou Verea.

Segundo detallou, a proposta de financiamento pide ao Concello catro millóns de euros, "menos do 25% do total, financiando o 75%, ao redor de 15 millóns de euros, a Xunta de Galicia".

O líder dos populares composteláns, Borja Verea./ PP DE SANTIAGO / Europa Press
O líder dos populares composteláns, Borja Verea./ PP DE SANTIAGO / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta