Maré galega para gañar

Diversos partidos (CXG, BNG, EU, Anova…), canda entidades sociais, como Somos Nós, formularon xa a súa proposta para unha candidatura galega de unidade para as vindeiras eleccións xerais. E dun xeito moi maioritario as distintas opinións concordan na necesidade de que a candidatura teña o seu centro de decisión na Galicia e dea lugar a un grupo parlamentario de seu e na altísima conveniencia de que a candidatura se constrúa dende a base social, cun nidio protagonismo da sociedade civil, ao xeito dunha maré galega.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 28/06/2015

Comparte esta noticia
Ocorre que Pablo Iglesias, secretario xeral de Podemos e  factor esencial na renovación da axenda política  no Estado, quere que as siglas do seu partido estean en todos os colexios electorais, quer  en coalición (en Catalunya, Valencia e Galicia), quer sós (no resto do Estado). E semella que poderá acadar este obxectivo en Catalunya, en coalición con ICV, mais non tan doadamente en Valencia, na que os nacionalistas de Compromis ollan con moita desconfianza a primacía que tenta pór Pablo Iglesias.
 
Na Galicia, a forza desta maré galega, desta plataforma de unidade cívica semella incuestionábel. A unidade é un factor esencial, mais tamén o é o protagonismo social, cívico. Unha maré apoiada por x partidos achega moito máis ca unha coalición de x partidos. Velaí o evidente desenfoque que sofre Pablo Iglesias na súa proposta electoral no que se refire a Galicia.
 
Esta maré galega vai precisando a definición dun programa de mínimo común denominador moi inclusivo que ha dar resposta aos desexos sociais dunha m,aior transparencia e una mellor gobernanza, xunto con propostas que poñanm a economía aos ervizo das persoas e da sustentabiidade. Pero tamén cara unha proposta de reforma político-constitucional que blinde o noso autogoberno, garanta un financiamento acaído dos servizos autonómicos e locais e lle restitúa Galicia a súa plena capacidade de decisión sobre a súa economía. Como sempre o autogoberno galego é a clave do noso benestar.
 
A arrincadeira: aniversario do Estatuto do 1936
 
Este domingo cumpríronse 79 anos dun acto de vontade moi importante: a aprobación por una amplísima mayoría de galegos do Estatuto do 1936. Un plebiscito que nos permitiu acadar ao nível máis alto de autonomía na Constitución do 1978. Estará a sociedade galega do 2015 á altura?
 
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.