'Enigma de lume', como mellor película, e Pham Thiên Ân, como mellor director, premios Cineuropa 2023

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/11/2023 | Actualizada ás 21:47

Comparte esta noticia

A película 'Enigma de Lume' e o director Pham Thiên Ân foron os galardoados polo xurado oficial co premio Cineuropa 2023 na sección 'Novas/vos Cineastas'.

Así, o xurado, formado pola programadora franco-uruguaia Valentina Otormin, o crítico e escritor catalán Carlos Losilla e o directory guionista hispano-uruguaio Álvaro Brechner, elixiron 'Enigma de lume', primeira longametraxe do estadounidense Weston Razooli, como mellor película, mentres que 'Inside the Yellow Cocoon Shell' valeulle ao cineasta vietnamita Pham Thiên Ân o recoñecemento como mellor director.

Ademais, o xurado premiou á grega Sofía Exarchou polo guión de 'Animal' e as interpretacións do actor alemán Jan Bülow, en 'A teoría universal', e da actriz británica Mia McKenna-Bruce na película 'Como ter sexo'. Houbo ademais unha mención especial para a película 'Baan', da directora portuguesa Leonor Tees, pola súa "exploración de novas formas".

Pola súa banda, o Xurado Xoven da 37ª edición de Cineuropa, composto por Carlota Álvarez, Mike Cruz, Mateo Fernández, Lucía Ortigueira e André Parra, distinguiu 'O mal non existe' de Ryusuke Hamaguchi como mellor película e a Justine Triet como mellor directora por 'Anatomía dunha caída', mentres que o galardón ao mellor guión foi para Aki Kaurismäki por 'Follas de outono'.

Presentación de Cineuropa 2023.
Presentación de Cineuropa 2023. | Fonte: CONCELLO DE SANTIAGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta