Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/11/2023 | Actualizada ás 14:54
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, confirmou que se está investigando na comunidade autónoma galega a posible chegada a menores, sen o seu permiso, de chats de Whatsapp con contido pornográfico.
Así o manifestou, a preguntas dos xornalistas, despois de que se difundise que alumnos dun colexio da provincia coruñesa, na área de Santiago de Compostela, foron incluídos en grupos con contido sexual, sen o seu permiso.
"A día de hoxe estase investigando, hai que ver", expuxo, a este respecto, o delegado do Goberno en Galicia, quen remarcou que no Código Penal está tipificado "a transmisión de imaxes dese tipo". "Está a traballarse niso", insistiu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.