Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/11/2023 | Actualizada ás 18:34
O Parlamento galego aprobou, por unanimidade na Comisión de Industria este mércores, instar á Xunta a que demande ao Goberno central "certezas" cunha planificación eléctrica que dea viabilidade a proxectos estratéxicos, tales como os de Stellantis, Altri, Forestal do Atlántico, Ignis, Resonac e Fisterra Energy. Esta iniciativa foi defendida polo deputado popular Moisés Rodríguez, quen expuxo que "as empresas necesitan claridade e confianza, e socialistas e independentistas xeran medo e falta de garantía".
Subliña que "o Goberno galego fai e seguirá facendo os deberes para garantir unha maior capacidade dos sistemas para facer fronte ás demandas enerxéticas das empresas". O deputado popular critica que na actual planificación eléctrica 2021-26 "Galicia foi moi penalizada ao asignarlle tan só 68 millóns de euros, o 1,1 % do total, fronte aos 308 millóns de euros do período 2015-2020, que supuña o 6,7 %".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.