A Xunta anuncia unha lei para regular a carreira profesional do persoal investigador

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/11/2023 | Actualizada ás 19:38

Comparte esta noticia

O persoal investigador galego contará a partir de 2024 cun marco legal que rexerá a súa carreira profesional para establecer unhas condicións comúns en materia salarial, de itinerarios e de categorías.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este xoves na rolda de prensa posterior ao Consello que o obxectivo do Executivo autonómico é aprobar este texto lexislativo a principios do próximo ano e, así, facer de Galicia "a primeira comunidade" en regular a carreira profesional dos seus investigadores.
O decreto foi definido polo mandatario galego como "unha reivindicación xusta e longamente demandada" que permitirá achegar "certeza" e "estabilidade" a este colectivo para que, segundo Rueda, "sigan desenvolvendo a súa profesión en Galicia e non marchen a outros lugares".

En concreto, a lei regulará o aceso á carreira investigadora unha vez finalizada a etapa predoutoral a través dun contrato laboral fixo e suporá a creación das categorías de "investigador estable" e "investigador senior", ás que se suman outras dúas categorías para o itinerario de persoal técnico, segundo explicou o Goberno galego.

Tamén marcará un salario base e un complemento de "excelencia investigadora" que será consolidable en función da avaliación positiva" do traballo que leve a cabo. A maiores, existirá un complemento non consolidable asociado á captación de fondos en convocatorias competitivas para o persoal investigador, que poderá participar nos beneficios dos resultados de actividade das entidades para as que opera.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na rolda de prensa posterior á reunión do Consello / DAVID CABEZON  / Europa Press
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na rolda de prensa posterior á reunión do Consello / DAVID CABEZON / Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta