Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/12/2023 | Actualizada ás 19:56
A folga de Vertifil foi desconvocada este venres tras chegar a un acordo coa dirección da empresa que mellora as condicións recollidas no vixente convenio cun aumento salarial, entre outras. Segundo informou a CUT, a subida será a partir de decembro do 4,5% --3,5% retroactivo de xullo a novembro-- do que un 2,5% tería carácter non absorbible.
Ademais, alcanzaron un acordo de negociación das categorías profesionais durante o 2024 e o establecemento dun calendario de xuntas ordinarias para esta negociación e para a organización das "cargas de traballo" existentes. Así, a CUT engadiu que é posible que o acordo "non culmine" todas as expectativas pero "valórano positivamente" por diversas cuestións.
"Primeiro porque avanzamos en materia económica e social e segunda, e quizais a máis importante para a CUT, é porque onde máis avanzamos foi na unidade da clase obreira", sinalou no comunicado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.