O BNG pedirá no Congreso o recoñecemento da incapacidade permanente co diagnóstico de silicose

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2023 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

O BNG pedirá no primeiro pleno ordinario que se celebre no Congreso nesta lexislatura o recoñecemento da incapacidade permanente unha vez que unha persoa sexa diagnosticada de silicose.

O parlamentario do Bloque na Cámara baixa, Néstor Rego, formulará unha interpelación urxente dirixida á ministra de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, Elma Saiz, sobre os coeficientes reductores para a xubilación das traballadoras do sector de extracción e a transformación da pedra, e o recoñecemento da incapacidade co diagnóstico de silicose.

E é que, conforme sinalou o BNG, segundo a regulación vixente, a silicose de primeiro grao non se considera enfermidade profesional que determine o recoñecemento dunha incapacidade permanente e, para a organización nacionalista, esta situación debe cambiar.

Ademais, pedirá ao novo Goberno que revise os actuais coeficientes reductores asignados, de modo que se equiparen os das categorías da minaría exterior (ao descuberto) cos da minaría interior.

PROBLEMAS NOS SERVIZOS FERROVIARIOS

Na sesión de control, Rego preguntará o ministro de Transportes, Óscar Puente, sobre as medidas que adoptará o Goberno para solucionar os problemas existentes no servizo ferroviario en Galicia.

O deputado de BNG Néstor Rego intervén durante unha sesión plenaria, no Congreso dos Deputado
O deputado de BNG Néstor Rego intervén durante unha sesión plenaria, no Congreso dos Deputado | Fonte: Gustavo Valiente - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta