Ferrol, unha oportunidade para situar a Galicia como referente da enerxía eólica mariña?

Actualmente en Galicia hai 3.000 postos de traballo vinculados a este sector e que para o ano 2030 prevense elevar aos 12.000 empregos de forma directa.

Por Europa Press / Redacción | FERROL | 11/12/2023 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia

O grupo de eólica mariña da Asociación de Industrias do Metal (Galician Offshore Energy Group GOE-ASIME) e a Xunta organizaron este luns en Ferrol unha xornada sobre o futuro da cadea de valor da eólica mariña. Na sesión inaugural, da que informou Asime nun comunicado, a subdirectora xeral de Proxectos, Patricia Rodríguez, asegurou que a Xunta é "moi consciente" da importancia da enerxía eólica ao considerar que "representa unha gran oportunidade industrial para Galicia e que se vincula directamente ao reto da descarbonización e á xeración de emprego".

Respecto disto último, sostivo que actualmente en Galicia hai 3.000 postos de traballo vinculados a este sector e que para o ano 2030 prevense elevar aos 12.000 empregos de forma directa. Ademais, destacou que a Unión Europea realiza unha aposta clara por esta industria, coa que pretende chegar a 60GW de produción para o ano 2030, o que representa unha oportunidade de situar a Galicia como un referente da enerxía eólica mariña".

Pola súa banda, o técnico de Innovación do GEO-Asime, Luís Salgueiro, considerou que se está ante unha "oportundidade única para Galicia". "Estamos ben situados a nivel de recursos naturais, pero tamén temos un tecido empresarial forte e moi recoñecido no exterior, con máis de 225 empresas con capacidade para dar solucións a todas as necesidades da eólica mariña", destacou.

Así mesmo, a maiores de ser provedores de compoñentes de eólica mariña a nivel internacional insistiron na oportunidade que pode supor a implantación de parques eólicos no propio territorio, conforme aos plans de ordenación marítima aprobados polo Goberno central. Nese sentido, Asime destacou a importancia do Observatorio da Eólica Mariña impulsado pola Xunta de Galicia, un foro de diálogo no que se integran todos os actores e actividades relacionadas co mar, para analizar a posible instalación destes parques eólicos mariños nas nosas costas minimizando calquera impacto.

CADEA DE VALOR

Nun comunicado, Asime destacou que este evento se organiza no marco dun convenio subscrito por ambas as entidades para impulsar de forma conxunta a cadea de valor de industria eólica mariña en Galicia. O acordo inclúe actuacións como o encontro celebrado esta mañá en Ferrol, onde se pretende favorecer o 'networking' entre empresas do sector para fortalecer a cadea de valor da eólica mariña. Durante o evento, interviñeron empresas líderes en eólica mariña, como Navantia Seanergies, Windar Offshore, e Cetmar que abordaron a importancia dos procesos de fabricación na eólica mariña, así como o papel fundamental que xoga a formación dentro do sector.

Ademais, a coordinadora da área de Formación de Cetmal, Lucía Fraga, incidiu na importancia da creación de estratexias de capacitación e capacidades vinculadas á enerxía eólica mariña. "Actualmente, o proxecto Flores, impulsado por 17 socios, forma unha asociación a gran escala para impulsar o Pacto polas Capacidades desenvolvido pola Unión Europea dentro do sector das enerxías renovables mariñas, un instrumento que permite unir empresas e centros de formación, incluíndo a todos os actores da cadea de valor da formación". "Este tipo de iniciativas son fundamentais non só no campo da eólica mariña, senón que tamén son de aplicación a outros sectores para a atracción de talento e persoal cualificado", dixo.

Durante o encontro, relatores e asistentes tamén puideron coñecer nunha demostración práctica de dixitalización dos procesos, os proxectos F4ST e Temón 3D que impulsa Navantia, que ten obxectivo obter mellores produtos e servizos, como a seguridade da operación dos buques e a optimización do sostemento, ao mesmo tempo que se logra un maior eficiente operativa. Para finalizar a xornada, Luís Salgueiro, destacou que "no GOE-Asime traballan con todos os promotores, coa Xunta de Galicia e coa propia industria tanto a nivel galego como do norte de España a través do Supercluster Atlantic Wind, impulsada xunto a Cantabria e Asturias.

GEO-Asime e a Xunta abordan en Ferrol o futuro da cadea de valor da eólica mariña
GEO-Asime e a Xunta abordan en Ferrol o futuro da cadea de valor da eólica mariña | Fonte: ASIME

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta