Via Galega e Galiza Cultura conmemorarán o aniversario da estrea do Himno Galego o 20 de decembro

Levarán a cabo diferentes actos, con distintas actuacións que se pecharán coa interpretación do himno galego completo, coa súa letra restaurada, de acordo co texto creado por Eduardo Pondal para o Certame Musical

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2023 | Actualizada ás 19:16

Comparte esta noticia

Via Galega e Galiza Cultura conmemorarán o próximo día 20 de decembro o 116 aniversario da estrea do Himno Galego Himno no Gran Teatro de Habana con diferentes actuacións e actos. Diso informou este mércores en Santiago de Compostela o coordinador de Vía Galega, Anxo Louzao, nunha rolda de prensa na que tamén participaron Viki Traveso, Carlos Vieito, Iria Nande, Laura Blanco e Lois Froiz.

No acto, do que deu conta Vía Galega nun comunicado, debullaron as accións programadas para o próximo día 20 ás 20,00 horas baixo a lema 'Cantar a nación. Aniversario da estrea do himno galego'. Na súa intervención, Anxo Louzao afirmou que desde hai tempo desenvolven unha intensa campaña con numerosos actos e actividades por toda a xeografía galega e con diversas publicacións sobre os símbolos nacionais de Galicia, o himno e a bandeira.

Un fito histórico da relevancia da estrea "oficiosa" do himno, o 20 de decembro de 1907, non podía pasar desapercibido para Vía Galega e Galiza Cultura tendo en conta que se trata da "afirmación patriótica da nación galega", que mostra "as súas ansias de liberdade".

"O himno identifícanos como pobo e, nel, vémonos representados todos os galegos e todas as galegas", sinalou Louzao, que criticou a "galopante españolización" e a "imposición de simboloxía allea a Galicia que moitas veces promove a Xunta, en lugar de realzar e propagar os nosos símbolos".

Por iso, sinalou que este 20 de decembro no sete cidades galegas e noutras localidades, ás 20,00 horas, levarán a cabo diferentes actos, con distintas actuacións que se pecharán coa interpretación do himno galego completo, coa súa letra restaurada, de acordo co texto creado por Eduardo Pondal para o Certame Musical, convocado en 1890 na Coruña e organizado por Pascual Veiga.

Via Galega e Galiza Cultura conmemorarán o 20 de decembro o aniversario da estrea do Himno Galego. VIA GALEGA
Via Galega e Galiza Cultura conmemorarán o 20 de decembro o aniversario da estrea do Himno Galego. VIA GALEGA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta