Por Galicia Confidencial | A Coruña | 14/12/2023 | Actualizada ás 20:35
O Tío Marcos d'a Portela foi o primeiro gran xornal escrito íntegramente en galego. E non foi un xornal calquera. Tivo unha extraordinaria importancia na época na que se imprimiu, na segunda década do século XIX.
Precisamente, este vindeiro luns 18 de decembro a Asociación de Medios en Galego (Amega) celebrará unha homenaxe a Valentín Lamas Carvajal, o principal promotor de O Tío Marcos d'a Portela. O xornal saíu á luz o 7 de febreiro de 1876 e con ese motivo ese día foi declarado como o “Día dos Medios en Galego”.
Este medio monolingüe en galego naceu con carácter quincenal, e aos dous meses pasou a ser semanal. Subtitulado Parrafeos c'o pobo gallego, tivo dúas etapas, a primeira dende 1876 ata 1880 e a segunda dende 1883 ata 1889. Con “O Tio Marcos”, Valentín Lamas Carvajal logrou un gran éxito, cunha tirada que superaba os 4.000 exemplares nun momento histórico de grandes índices de analfabetismo.
Amais das sección literarias, principalmente poéticas, a publicación incluía opinión e actualidade. Mantívose até 1888, cando foi impresa a última edición na cidade de Lugo. Neste mesmo comezou coa publicación nas súas páxinas do Catecismo do labrego, que en 1889 editouse de xeito independente.
No acto do luns, ademais do presidente de Amega, Pablo García "Chichas", falará Basilio Álvarez, autor dun novidoso Manual de xornalismo, a comezos do século XX. Tamén o profesor Miguel Cabo que acaba de publicar unha completa biografía do “abade de Beiro” na que tamén debulla a súa conexión co idioma galego e co galeguismo.
A homenaxe a Lamas Carvajal terá lugar no Liceo de Ourense e está organizada pola Asociación de Medios en Galego, que fai dez anos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.