Por Galicia Confidencial | A Coruña | 16/12/2023 | Actualizada ás 21:00
O tempo segue sendo moi inestable para a época do ano na que estamos. De feito, o pasado martes rexistráronse temperaturas de récord para un mes de decembro na península, con 29,9ºC no observatorio de Málaga, pero o tempo xa comezou a cambiar previa chegada do Nadal.
Así, durante a semana do Nadal prevense xeadas nocturnas e néboas que poderían ser densas nalgunhas zonas e tamén chuvias puntuais en Galicia, aínda que, de acordo co modelo de Meteored, espérase que durante a semana de Nadal predomine unha situación anticiclónica.
Prevense altas presións con temperaturas que poderían quedar por baixo da media das datas en boa parte da Meseta Sur e nos grandes vales peninsulares. Cabe esperar a formación de néboas, especialmente nos vales, localmente densas e persistentes. Tamén as noites serían frías.
É cedo ara concretar a situación pero desde Meteored prevese que a situación se manteña sen grandes cambios ata Noitevella e Aninovo, aínda que as altas presións poderían debilitarse no Atlántico Norte. As temperaturas normalizaríanse en vales do interior peninsular situándose por encima da media no resto do territorio. As precipitacións evolucionarían de forma similar, cunha posible normalización de norte a sur a principios do novo ano.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.