Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2023 | Actualizada ás 18:32
Un veciño da zona localizou no río Arenteiro o corpo sen vida de Concepción Vázquez Sequeira, desaparecida desde o sábado pasado no municipio ourensán do Carballiño. Así o confirmou a Garda Civil, que sinalou tamén que efectivos do GES da localidade participan no dispositivo de rescate do corpo.
A procura iniciouse o pasado sábado, cando o Instituto Armado tivo coñecemento da desaparición desta muller, que fora vista por última vez sobre as 15,30 horas na parroquia de Arcos.
O luns xa se localizaron pertenzas da desaparecida nas proximidades do río Arenteiro, entre elas un bastón e un paraugas que portaba cando se lle perdeu a pista. Ademais, cámaras do posto da Garda Civil no municipio ourensán gravárona preto da ponte medieval Ponte Veiga.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.