Un programa de Nadal amplo e para todas as idades en Verín

Ademais da tradicional visita de Papá Noel e os Reis Magos hai unha chea de galas, concertos, actividades infantís, eventos deportivos, accións de dinamización do comercio local e teatro.

Por Galicia Confidencial | Verín | 19/12/2023 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A vila de Verín prepárase para celebrar unhas festas cheas de maxia, ledicia e entretemento coa súa completa e variada programación de Nadal completa. 

Feira de Nadal 2023. Foto: Prensa Concello de Verín.
Feira de Nadal 2023. Foto: Prensa Concello de Verín.

Para os amantes das tradicións, pódese visitar o ‘Belén da Viruca’ no Salón parroquial da Igrexa de Santa María a Maior. As fins de semana durante todo o día e de luns a venres só polas tardes. Este nacemento é un dos máis emblemáticos da provincia de Ourense con figuras artesanais, moitas en movemento.

Na programación deste ano tamén hai un apartado importante para as galas e os concertos. A pasada fin de semana xa tiveron lugar as galas de Ximnasia Rítmica e Todo Fitness, e para o día 20 será a da Escola de Teatro Kotodama na Casa da Cultura. No apartado musical, o 21 de decembro será o Concerto de Nadal do alumnado do Conservatorio de Música no Auditorio, e o 22 este mesmo colectivo animará varias prazas do núcleo urbano de Verín a partir das 17:00 h. Tamén o 22 pola tarde, concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona no Auditorio Municipal. Pero non remata aí a cousa, o 27 hai un musical infantil, “La Sirenita”, o 28 un concerto infantil, “Magic Sounds” a cargo da Banda de Música do Conservatorio, e o 31 Panxoliñas na Residencia de Anciáns a cargo da Coral de Verín.

Papá Noel chegará o día 24 e o 29 haberá unha obra de teatro, “Tiza”, a cargo da Cia La Caja de Pandora e que versa sobre as continxencias da sobracarga da crianza, profesores, encaixes horarios, e outras circunstancias.

XANEIRO 2024

O día 3 terá lugar a Gala de Nadal da Asociación de Empresarios e Comerciantes de Verín ás 17:30 h.; un encontro familiar con humor, maxia e música. O día 4 haberá un espectáculo infantil á mesma hora pero no Pavillón de Deportes e a visita dos Reis Magos á Residencia e ao Hospital de Verín.

A cabalgata dos Reis Magos será o 5 a partir das 18:00 h.

CAMPAÑA COMERCIAL E LUDOTECA

Ata o 27 deste mes está en marcha a campaña comercial “Os 6.000 de Verín”, unha iniciativa do comercio asociado da vila que repartirá esa cantidade en cheques para compras tras un sorteo que se realizará o día 28. Para participar hai que depositar as papeletas que verifiquen compras nas urnas dos 110 negocios asociados.

Do 22 de decembro ao 5 de xaneiro, e para favorecer a conciliación, haberá un servizo de ludoteca, LudoNadal, no Pavillón Municipal de Deportes de 9:00 a 14:00 h pola mañá e de 16:00 a 20:00 h. pola tarde. Os sábados só de 9 a 14:00 h.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta