Cando ao cura de Momán o sancionou a Xerarquía eclesiástica por denunciar a postura homófoba dun bispo

O párroco Luis Rodríguez Patiño lembra neste artigo como foi sancionado polo entón bispo de Mondoñedo-Ferrol, hoxe de Santander, mentres que, agora o Papa Francisco abre a posibilidade de bendecir as parellas gais.

Por Galicia Confidencial | Xermade | 18/12/2023 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O Papa abre a posibilidade de bendicir as parellas homosexuais.

Luis Rodríguez Patiño, cura de Momán
Luis Rodríguez Patiño, cura de Momán | Fonte: Youtube

Isto faime lembrar a sanción canónica que me impuxeron o actual bispo de Santander e no seu día o bispo de Mondoñedo -Ferrol... por denunciar no portal Belén a actitude homófoba do bispo Segorbe-Castellón.

No portal de Belén puxera un letreiro escrito -"os gays non poden entrar no portal de Belén porque así o di o bispo de Segorbe-Catellon"... e presentoume denuncia e díxenlle que Deus é Pai e eu. queren a todos e cada un dos seus fillos... sen ver a súa orientación sexual.

E díxome que ía contra a doutrina oficial da Igrexa...e díxenlle que tivese respecto polas persoas...xa que todos somos fillos de Deus e creados á súa imaxe e semellanza.

O Papa xa non o di oralmente senón por escrito.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta