O Goberno promove en colaboración con Xunta e concellos a construción de 357 vivendas de aluguer en Galicia

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2023 | Actualizada ás 19:49

Comparte esta noticia

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana asinou convenios con Xunta e os concellos da Coruña e Vigo para a construción dun total de 357 vivendas para destinalas ao aluguer en Galicia en edificios energémticamente sustentables.

En total, o trece actuacións previstas nestes acuerods supoñen un investimento global de 65,7 millóns de euros, dos cales, 17,1 millóns proceden de fondos do ministerio relacionados co Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Os acordos contemplan a construción de vivendas nos concellos da Coruña e Vigo, así como noutro seis municipios --Tui, Ferrol, Ourense, Ribadavia, Viveiro e Betanzos-- para os que o Goberno chegou a pactos co Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS).

Un guindastre nunha zona de construción de edificios para vivendas
Un guindastre nunha zona de construción de edificios para vivendas | Fonte: Alberto Ortega

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta