Unha muller nova e apoderada, protagonista da Festa do queixo de Arzúa

Presentado o cartel desta festa que se celebrará a primeira fin de semana de marzo, cadrando esta edición o venres 1, sábado do 2 e domingo 3.

Por Galicia Confidencial | Arzúa | 19/12/2023 | Actualizada ás 21:57

Comparte esta noticia

O concello de Arzúa presentou esta tarde o cartel da Festa do Queixo, que este ano busca darlle protagonismo ao queixo, á natureza e ás queixeiras. Cunha imaxe renovada, representa unha muller nova e apoderada ligada ao rural. Entre os elementos naturais atopamos plantas ligadas ao pasto e polo tanto ao queixo, poñendo un foco importante no contorno e na materia prima.

Acto de presentación do cartel da 49 edición da Festa do Queixo de Arzúa onde estiveron presentes arroupando á autora, Andreea Birsanu, os concelleiros do goberno municipal (de esquerda a dereita): Begoña Balado,  José Luís García, Daniel Moscoso, Luzía López e Miguel Vallo.
Acto de presentación do cartel da 49 edición da Festa do Queixo de Arzúa onde estiveron presentes arroupando á autora, Andreea Birsanu, os concelleiros do goberno municipal (de esquerda a dereita): Begoña Balado, José Luís García, Daniel Moscoso, Luzía López e Miguel Vallo.

A autora é Andreea Birsanu (Romania, 1998) de nome artístico Silvatiica, unha artista autodidacta e multidisciplinar coñecida polos seus collages cheos de natureza e simbolismo. Arzuá dende o 2005, estudou e criouse no concello. Comezou no 2014 e 2015 participando na exposición de artistas locais e dende o 2020 colabora coas exposicións "Bo camiño" e "Arte na Rúa" entre outras. No seu traballo destaca a importancia da natureza e do rural, da muller e do feminismo, da lingua e da Terra.

A festa celebrarase como cada ano a primeira fin de semana de marzo, cadrando esta edición o venres 1, sábado do 2 e domingo 3. A organización ten previsto anunciar nas próximas semanas un avance dos artistas que formarán parte do festival do queixo, as noites do sábado e domingo.

Por outra banda a cita gastronómica e musical xa ten aberto o concurso queixo maquetón, que vai pola 15.ª edición, e que determinará o grupo que abre a parte musical do evento, así como o prazo para a inscrición de expositores, tanto queixerías como outros produtos, desde o 20 de decembro ata o 15 de xaneiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta