Seguen baixando a natalidade en Galicia

O país rexistra case 11.780 nacementos ata outubro, un 2,46% menos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2023 | Actualizada ás 10:12

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou 11.779 nacementos no dez primeiros meses do ano, o que supón un 2,46% menos que no mesmo período de 2022, segundo os datos que publica este mércores o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Esta caída foi superior á rexistrada no total de España, xa que a nivel estatal contabilizáronse 267.507 bebés ata outubro, un 2,03% menos. Só en outubro naceron en Galicia 1.315 nenos, mesma cifra que en 2022.

Pola súa banda, o INE tamén publica a estatística de falecidos, contabilizando 29.658 defuncións ata finais de novembro en Galicia, un 7,06% menos que hai un ano. A nivel español, esta cifra foi de 395.549 mortes, un 6,32% menos.

Nacementos en Galicia.. EP DATA
Nacementos en Galicia.. EP DATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta