Sumar Galicia adaptará os tempos do seu proceso se hai eleccións aínda que seguirá coa súa "folla de ruta"

O portavoz de Sumar Galicia, Paulo Carlos López, insistiu en que "non está o calendario pechado" e que este "se vai ir adaptando" ás circunstancias.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2023 | Actualizada ás 13:36

Comparte esta noticia

O portavoz de Sumar Galicia, Paulo Carlos López, afirmou que este movemento se adaptará ás eventualidades electorais chegado se hai unha convocatoria, pero mantén a súa "folla de ruta", que aínda está na "primeira fase" e fía os seus resultados electorais a, precisamente, o proceso de "apertura" social.

A preguntas dos medios, o dirixente da plataforma lembrou que esta mesma semana está programado un encontro en Ribeira xunto co ex alcalde da Pobra, o ex deputado Juan Díaz Villoslada e a parlamentaria de Sumar por Pontevedra Verónica Martínez Barbeiro. Ademais, manifestou que teñen previstas reunións con asociacións profesionais, concretamente, a seguinte será coa rede de loita contra a pobreza.

Así, Sumar Galicia segue "a súa folla de ruta para expandirse a nivel organizativo e cidadán" e, "en canto haxa algunha eventualidade de carácter electoral, adaptaranse". Polo momento, "manteñen a folla de ruta da promotora e do mandato establecido por Yolanda Díaz (líder de Sumar e vicepresidenta segunda) de seguir escoitando e construíndo un programa participativo, abrirse á sociedade e incorporar as demandas dos sectores sociais agredidos polo PP".

Paulo Carlos López insistiu en que "non está o calendario pechado" e que este "se vai ir adaptando" ás circunstancias, sen que estea previsto un gran acto agora mesmo de presentación da persoa candidata, á que publicamente Sumar Galicia non lle dá prioridade, senón que a fixa no proceso de escoita.

Así, Paulo Carlos López explicou que "hai tres fases", a de escoita, o regulamento que terá que establecer a promotora para os procesos de candidato e a terceira, a de proclamación. "Estamos na primeira fase", salientou, sen concretar a duración: "durará as semanas que faga falta porque diso é Sumar, de seguir sumando, mentres non haxa outra eventualidade, seguiremos a folla d eruta".

Así as cousas, preguntado sobre se fían á marca o resultado electoral máis que á persoa que encabeza a lista para as galegas, Paulo Carlos López manifestou que o seu "éxito electoral para facer un cambio de goberno" están ligados "aos valores que apela Sumar: progresistas, feministas e ecoloxistas; e a apertura". "Ese vai ser o principal activo, a forza da xente", sentenciou.

REUNIÓN CON ANPAS

Na xornada deste mércores, unha representación da promotora, encabezada por Paulo Carlos, coa Confederación de Anpas, cuxa portavoz, Isabel Calvete, quen explicou que o obxectivo da reunión é trasladar os problemas do ensino público, coa situación do medio rural, o transporte e os comedores.

Ademais, parouse na posta en marcha do protocolo de acoso escolar, como unha das cuestións que agora mesmo centra o ámbito escolar e que está en fase de actualización. Sobre o uso de pantallas no ámbito escolar, as Anpas cre que "hai que darlle unha volta, pero adiante, que hai que aprender a usar" por parte de toda a comunidade educativa.

Pola súa banda, Paulo Carlos López dixo que recolle as demandas que lle trasladan e aposta por "reforzar o ensino galego pública e de calidade", tras as "abrasivas e agresivas políticas do PP" nos últimos anos. Así, incorporarán no programa electoral a existencia dun protocolo para as persoas con necesidades especiais, e un mapeo do transporte público escolar.


Sumar Galicia reúnese coas Anpas galegas, que fai rolda cos partidos
Sumar Galicia reúnese coas Anpas galegas, que fai rolda cos partidos | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta