Despois de gobernar conxuntamente os últimos oito anos, aínda non pasara 48 horas dunha rolda de prensa do anterior bipartito, o veto a Martínez Núñez conlevou outorgarlle a presidencia da deputación ao PP.
Tratase dun novo capitulo na longa e escura historia das deputacións, auténticos niños de clientelismo e xerme de máis de un caso de corrupción económica.
Pero de seguro que o que máis molesta a unha boa parte da poboación é a corrupción política, que fai que moita xente este farto da actitude hipócrita dos partidos da esquerda con respecto a estas institucións.
Estamos a falar de organismos que non se elixen democraticamente polos electores nunha urna dun colexio electoral. Que autoridade ética teñen os concelleiros dun partido para elixir e ser elixidos deputados provinciais? Que elector lles mandatou para tal cuestión? Baixo que proposta programática?
Moitas veces se ten falado da propiedade do escano dos representantes públicos, debaténdose se son do partido, xa que forman parte dunha lista, ou se son do representante, pois el adquire un compromiso cos seus electores.
Este debate trasladado a deputación volvese unha autentico burla a todos. O acontecido en Lugo serviu para que moita xente descubrira grazas ao acto de ‘rebeldia’ do alcalde de Becerrea que o escano é propiedade del. Pero como o escano e de Martínez Núñez? Onde e cando o votaron os lucenses para ese cargo?
Agora os partidos do polo de progreso vannos intentar convencer de que van a adelgazar a súa estrutura e que as súas competencias van ser trasladadas aos concellos. Parece que teremos que recordarlle que en 8 anos de co-goberno PSOE-BNG en Lugo lonxe de iso pasou o contrario.
Se os partidos que din estar en contra das deputacións non elixiran os deputados provinciais estas constituiríanse cunha falla de lexitimidade que as abocaría a un peche por descrédito social e colapso institucional. Non así en Lugo ou Ourense, polo de agora, pero si en Pontevedra, onde serian 5 deputados de 27 (un importante 19%), ou n’A Coruña, 10 deputados de 31 (un nada desdeñable 32%).
Un dos poucos argumentos para o mantemento das deputacións por parte dos seus defensores basease na incapacidade da maioría dos concellos para facer fronte á xestión dos servizos aos cidadás
Efectivamente, dos 315 concellos existentes en Galicia con 2.765.940 (100% ) un total 102 concellos teñen menos de 2.000 habitantes (32,38% do total) cun numero de 131.693 habitantes (4,76% do total). Se a estes lles sumamos os do tramo comprendido entre 2.001 e 5.000 habitantes este seria un total de 202 concellos (64% do total) cun numero de 454.122 habitantes (16,42% do total). E si sumamos os do tramo comprendido entre 5.001 e 10.000 habitantes este seria un total de 258 concellos (81,90%) cun numero de habitantes de 837.468 (30,28% do total).
No lado oposto soamente 57 concellos con máis de 10.001 habitantes (18,10% do total) pero con 1.928.471 habitantes (69,72%).
Destes datos conclúese:
que a fragmentación, fundamentalmente da Galicia interior, en minúsculos concellos son un elemento máis da desproporción habitante/votante;
que existen unha serie de concellos, fundamentalmente os menores de 5.000 habitantes, que é imposible se fagan cargo dos seus respectivos servizos sen un proceso de cooperación/fusión;
que as grandes vilas/cidades, a maioría da poboación, son as grandes prexudicadas do sistema de reparto clientelar dos fondos das deputacións.
A supresión das deputacións provinciais vai necesariamente ligada á fusión dos concellos menores de 5.000 habitantes, pois, non so non é posible a xestión de servizos senón que non se dan os mínimos para unhas garantías democráticas na elección das súas institucións.
Faise necesario unha actitude clara e determinante por parte dos partidos que din estar en contra destas institucións. Namentres non sexa así, pensaremos que de o que se trata é do reparto do botín.