Aprobadas as bases do Plan +Provincia ao que a Deputación de Pontevedra destina máis de 48 millóns de euros

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/12/2023 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, informou este venres que a Comisión informativa de Cooperación aprobou as bases do Plan +Provincia, que alcanza os 48,2 millóns de euros, un 9,5 % máis que o ano pasado, o que converte este primeiro Plan de obras e servizos do actual Goberno en "o máis alto da historia da institución provincial".

Segundo destacou Luís López, "a +Provincia supón o reforzo da autonomía dos concellos para que os gobernos locais poidan decidir a que destinar os fondos que lles corresponden". López explicou que a +Provincia incorporará catro liñas de subvencións para os 59 concellos de menos de 50.000 habitantes; todos, excepto as cidades de Vigo e Pontevedra.

Así, reservaranse un total de 33,74 millóns na liña 1 para financiar investimentos (o 70% do total), 4 millóns na liña 2 para atender a gasto corrente (8,3%), 9,25 millóns na liña 3 para a activación do emprego (9,2%) e, como novidade, incorpórase unha cuarta liña, dotada con 1,2 millóns de euros, para financiar a redacción de proxectos para a transformación da mobilidade en zonas rurais e urbanas (3%).

DÉBEDA DE EXERCICIOS PASADOS

Como novidade, "atendendo á demanda de numerosos alcaldes", a +Provincia ofreceralles aos gobernos locais a posibilidade de recorrer a ata un 30% "e con carácter excepcional e só en 2024 a ata un 50%" do crédito de investimento para amortizar débedas de exercicios pasados, financiar servizos municipais ou obras non consideradas de investimento, a condición de que estean debidamente xustificados.

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, comparece en rolda de prensa
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, comparece en rolda de prensa | Fonte: DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

XUNTA DE GOBERNO

Nesta mesma comparecencia, o presidente da Deputación informou dos asuntos aprobados na xunta de goberno celebrada este venres na que se aprobaron as bases do Culturea, un programa pensado para apoiar tanto ás entidades e agrupacións culturais sen ánimo de lucro e que contará no ano 2024 cun orzamento dun millón de euros, un 25% máis do consignado para este 2023.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta