Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2023 | Actualizada ás 16:06
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitou a resonancia magnética de máxima precisión incorporada ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).
Así, con esta resonancia e cun TAC que acaban de instalar no Hospital de Conxo, Comesaña sinalou que a Xunta completa a instalación de 76 novos equipos de alta tecnoloxía que Galicia incorporou, neste último ano, á sanidade publica mediante os fondos europeos Next Generation. Segundo informou a Xunta, Comesaña sinalou que a Xunta utilizou estes fondos europeos para realizar un investimento de 67,2 millóns de euros destinados a adquirir este equipamento tecnolóxico.
A Consellería achegou preto de sete millóns de euros de fondos propios aos 61 de financiamiento europeo para poder adquirir estes equipos. Comesaña detallou que a Xunta investiu 8,6 millóns de euros nas obras de reforma necesarias para instalar todos estes novos equipos, como foi o caso da resonancia do hospital compostelán, que requiriu licitar un contrato de obra para adecuar os espazos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.