Por E.P. | A CORUÑA | 28/12/2023 | Actualizada ás 15:04
O pleno da Coruña aprobou, de forma definitiva, o orzamento para 2024, que ascende a 375 millóns e que entrará en vigor o próximo 1 de xaneiro.
Foi co respaldo de PSOE e BNG, tras o acordo e as negociacións para estas contas e con críticas desde as filas do PP. "Non son uns orzamentos que estean á altura da cidade", asegurou o portavoz do grupo municipal popular, Miguel Lorenzo.
Antes, desde as filas socialistas, o portavoz do goberno local, José Manuel Lage, asegurou, no punto relativo á aprobación das ordenanzas fiscais e destas contas, que son o "maior orzamento da historia" e destacou que está "pensado para as persoas" e co obxectivo de ser "un escudo social".
Á súa vez, o portavoz do grupo municipal do BNG, Francisco Jorquera, destacou o incremento nun 20 por cento respecto dos últimos orzamentos e tamén o feito de que estean pensados "nos barrios e na dinamización económica", como asegurou tamén Lage.
"A Coruña necesita uns orzamentos e non poden estar prorrogados", sentenciou o portavoz do grupo municipal do PP, quen denunciado ausencia de medidas en materia de impostos.
Na sesión plenaria, deuse tamén luz verde unha addenda ao convenio interadministrativo polas obras na estación intermodal, que suporá unha ampliación do aparcadoiro subterráneo, que pasa de 350 a 575 prazas.
Ademais, hoxe ratificouse de forma definitiva a constitución da sociedade xestora da Cidade do TIC, unha entidade 100% pública participada polo Concello e a UDC a un 51 e 49%, respectivamente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.