Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2023 | Actualizada ás 14:59
A Xunta prevé arrincar en 2024 a construción de 127 vivendas de promoción pública no barrio vigués de San Paio de Navia, máis outros 74 pisos en Valdecorvos, en Pontevedra, para destinalos a aluguer social. Ademais, rehabilitaranse inmobles en Ferrol, Mondoñedo (Lugo), Viveiro (Lugo), Ourense e Ribadavia (Ourense).
Así o anunciou o presidente galego, Alfonso Rueda, ao termo da reunión semanal do seu goberno na que se deu 'luz verde' á partida de 50 millóns de euros coas que se acometerán as obras. A maioría do orzamento, uns 26 millóns, será para as vivendas de Vigo.
Rueda explicou que se trata de avanzar na xa anunciada ampliación do parque público de vivendas, co "compromiso" de chegar ás 5.600 para o ano 2026.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.