O sindicato de avogados e procuradores de oficio Venia pide a Yolanda Díaz a regulación do seu traballo

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/01/2024 | Actualizada ás 18:58

Comparte esta noticia

Representantes do sindicato de avogados e procuradores de oficio Venia reclamaron á ministra de Traballo e vicepresidenta segunda do Goberno, Yolanda Díaz, a regulación do seu traballo, en liña coas demandas que o colectivo mantén no marco da súa folga, iniciada o pasado 21 de novembro.

Así o informan nun comunicado tras a reunión mantida con Yolanda Díaz e a portavoz de Sumar no Congreso e candidata á Presidencia da Xunta, Marta Lois, na cidade herculina. No comunicado, lembran que entre as súas peticións está a regulación da súa relación laboral "e a digna remuneración do seu traballo".

Os representantes de Venia destacan a "boa acollida" das súas reivindicacións, "comprometéndose a facer todo o posible por impulsar unha modificación lexislativa que recoñeza os dereitos laborais dos profesionais da quenda de oficio". "Recoñecendo o protagonismo que o sindicato debe ter nas negociacións dun sector que se veu a denominar como os 'riders' da administración", remarcan.

A vicepresidenta segunda do Goberno e líder de Sumar, Yolanda Díaz, e a candidata da formación á presidencia da Xunta, Marta Lois, participan nunha reunión con representantes do sindicato Venia
A vicepresidenta segunda do Goberno e líder de Sumar, Yolanda Díaz, e a candidata da formación á presidencia da Xunta, Marta Lois, participan nunha reunión con representantes do sindicato Venia | Fonte: M. Dylan

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta