Volven aparecer nas costas de Noia ata Ribeira grandes cantidades de pellets

En bolsas de ao redor de 25 quilos, co nome dunha empresa con sede en Polonia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/01/2024 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

Nas Rías Baixas e na ría de Muros e Noia levan aparecendo, desde o 13 de decembro, "grandes cantidades" de pellets de plásticos, en bolsas de ao redor de 25 quilos, co nome dunha empresa con sede en Polonia. Así o informou a Asociación Noia Limpa, que detallou que se reportou a perda de mercadoría de seis colectores preto de Viana do Castelo, en Portugal.

Un deses colectores levaba pellets, pero, engadiu, "non saben" cantos sacos portaba "nin que contiñan" os demais. Con todo, ata a data estiman que recolleron 52 bolsas, pero "seguen chegando" noticias destes produtos dispersos e apareceron bolsas en varias praias das Rías Baixas. Na xornada do mércores había cinco bolsas e "moitos pellets" dispersos pendentes de recoller desde Muros ata Ribeira. "Descoñecemos como está a situación no resto de Galicia", advertiu a asociación.

Os pellets son pequenas bólas de plástico de menos de cinco milímetros de tamaño que son empregadas para fabricar produtos de plástico. Neste caso, puntualizou, as bolsas estaban identificadas como estabilizadores de luz UV e, polo seu pequeno tamaño e peso lixeiro, é "case imposible limpalos" unha vez que se esparcen polas praias. A Asociación difunde a través das súas redes sociais varias imaxes, así como mapas actualizados dos puntos nos que están atopado estes plásticos e pide colaboración cidadá antes posibles novos avistamentos.

Pellets nas costas de Noia
Pellets nas costas de Noia | Fonte: Asociación Noia Limpa - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta