Chega a estación de esquí a Manzaneda

A Estación de Montaña de Manzaneda abriu as súas portas.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 06/01/2024 | Actualizada ás 18:11

Comparte esta noticia

A Estación de Montaña de Manzaneda abrirá as súas portas este domingo día 7 para a práctica do esquí, case un mes antes que a tempada pasada. Esta apertura, "agasallo dos Reis Meigos", realizarase grazas á neve caída nas últimas horas e ao funcionamento continuado dos canóns.

Segundo informou a Estación a través dun comunicado, as condicións climatolóxicas garanten que os esquiadores poidan descender por, polo menos, dúas pistas, a de Seixo e a de Fontefría, e continúan traballando na fabricación propia de neve a través de canóns para poder abrir o maior número de pistas posibles.

É grazas a estes canóns que se poderá gozar dos deportes de neve, do mesmo xeito que ocorreu o ano pasado, cando as pistas puideron estrearse a finais de xaneiro e permanecer abertas durante seis fins de semana consecutivos.

Ademais, a oferta de restauración aumentou e haberá un transporte lanzadeira de 10.00 a 18.00 horas que permitirá aos visitantes viaxar desde os bungalows ata a zona de despachos de billetes e cafetaría.  Así mesmo, os que queiran pasar a noite poderán quedar nalgún dos 34 apartamentos totalmente renovados, no albergue Bibei, que conta con 88 prazas, ou no albergue Queixa, con 66 prazas.

Un banco cuberto de neve en Xunqueira  de Espadanedo
Un banco cuberto de neve en Xunqueira de Espadanedo | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta