Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/01/2024 | Actualizada ás 18:51
A Xunta electoral de Galicia arquivou unha denuncia do PP contra o BNG na que o acusaba de trasladar mensaxes en redes sociais que buscaban "desprestixiar" aos populares tratando de "captar votos" para a formación política do Bloque.
"Estes anuncios foron contratados unha vez convocadas as eleccións, xa que as noticias ás que aluden son posteriores á data da convocatoria", apuntaba a denuncia, na que aseguraban, tamén, que non se trata de "meras publicacións no perfil do BNG, senón insercións comerciais pagas e contratadas para a súa difusión a través das súas redes sociais".
O PP pedía a retirada das campañas e a incoación do correspondente procedemento sancionador do BNG por posible infracción" de dous artigos da Loreg (51 e 53). Así, con respecto á denuncia, a xunta electoral sostén que o contido impugnado "carece de poder persuasivo, leva a cabo dentro do perfil do partido e, por tanto, non pode ser integrada dentro da categoría de propaganda electoral, senón dentro da actividade ordinaria dun partido admisible segundo a normativa aplicable a cada caso".
En concreto, a xunta electoral de Galicia sinala que "non cabe apreciar petición ningunha de voto expresa ou implícita na publicación", polo que "non se ve materia na que integrar un petitum como o formulado pola entidade recorrente".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.