Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2024 | Actualizada ás 17:39
Un total de 3.949 empresas creáronse en Galicia ao longo de 2023, supón un 4,3% máis que en 2022, segundo os datos que publica o Instituto Galego de Estatística (IGE) este martes.
Como é habitual, case a totalidade de empresas constituídas foron SL, coas provincias da Coruña e Pontevedra á cabeza en creación de sociedades. Comercio, hostalaría, construción e actividades inmobiliarias e financeiras son as principais ramas das novas empresas creadas na comunidade galega.
No tocante só ao mes de decembro, Galicia rexistrou a constitución de 308 sociedades mercantís, o que supoñen 25 máis que no mes anterior e 21 menos que un ano antes. O capital medio subscrito foi de 54.700 euros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.