A USC colabora nun proxecto para integrar os atardeceres atlánticos nun modelo turístico sustentable

Iniciativa coordinada por Rubén Lois, Anxo Miramontes e Jorge Mira.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2024 | Actualizada ás 20:06

Comparte esta noticia

Un equipo da Universidade de Santiago de Compostela (USC) colabora nun proxecto de investigación que busca integrar os atardeceres atlánticos no trazado dun modelo turístico "alternativo e sustentable". Trátase dunha iniciativa coordinada por Rubén Lois, Anxo Miramontes e Jorge Mira, que se centra na posta en valor dos recursos endóxenos locais asociados ao sol e que se converten nun reclamo patrimonial.

"Os bordos continentais son os centros doutros mundos", expón o catedrático da USC Rubén Lois sobre a esencia de Atlantic Sunset, proxecto de investigación que dá os seus primeiros pasos na procura do aproveitamento da beleza que emana dos atardeceres atlánticos. Xunto a iso busca a identificación e posta en valor dos recursos endóxenos locais asociados ao sol e que se converten nun reclamo patrimonial.

Un equipo integrado por físicos e geógrafos pretende, a través dun consorcio internacional integrado por sete entidades de catro países, "involucrar os finis terrae europeos" ao redor do momento do crepúsculo, tal e como explica Jorge Mira, catedrático da USC e tamén coordinador do proxecto xunto aos profesores da Universidade de Santiago de Compostela, Rubén Lois e Anxo Miramontes.

Axenda E Notas De Prensa Da Usc. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Axenda E Notas De Prensa Da Usc. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Se Jorge Mira e Cía. queren traer turistas coma se foran boliñas de plástico ás costas e atardeceres galegos... Que os meta na Costa da Morte se quere, pero en Vigo estamos SATURADOS de turistas e non temos intención de converter a Ría de Vigo nun Benidorm Atlántico ! Definitivamente se teñen éxito a ver quen resolve logo as Consecuencias ? (Baste de exemplo o Nadal de Vigo, levamos 3 anos sen sair ás rúas en Nadal...)