A Xunta compara a "crise dos pélets" coa traxedia do Villa de Pitanxo para pedir o robot submarino

Rueda reitera que debe selarse o colector afundido e lembra que o Goberno non quixo baixar a localizar o Pitanxo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/01/2024 | Actualizada ás 17:12

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, pediu ao Goberno, e concretamente ao ministro de Transporte e Mobilidade Sustentable, Óscar Puente, "menos tuits e máis eficacia", e insistiu en que o Executivo debe pór os medios necesarios para buscar os sacos de pélets no mar.

Imaxe do Robot Submarino na inspección do 'Sen Querer Dous'. SALVAMENTO MARÍTIMO - Arquivo
Imaxe do Robot Submarino na inspección do 'Sen Querer Dous'. SALVAMENTO MARÍTIMO - Arquivo

De feito, insitiu no robot sumarino, unha petición que máis sorprendeu ao Goberno central. A este respecto, a cabeza do Goberno autonómico reiterou a necesidade da súa utilización e comparou este desastre, aínda que "salvando as distancias", co afundimento do Villa de Pitanxo en augas de Canadá, onde morreron 21 mariñeiros.

Rueda lembrou que, tamén como agora, o Executivo central xa se negou no seu momento a baixar ao Pitanxo. "Queremos saber se o colector, a orixe de todo, aínda ten eses sacos dentro. A Xunta non pode saber nestes momentos onde está. Pedimos que se busque, que se tente localizar", dixo.

"Salvando as distancias, lémbrame que durante meses dixo o Goberno central que era imposible baixar ao Pitanxo cun robot e só a insistencia das familias levou ao que resultou que era posible", apuntou, concluíndo cunha petición ao Goberno de que "se poña a traballar" e acabe coas "escusas".

CRÍTICAS A PUENTE

Na rolda de prensa posterior á reunión semanal do Consello da Xunta, Rueda afeou a actitude de Puente, que este xoves recoñecía ante os medios que lle custa "tomar en serio" á Xunta no tema da vertedura de pélets porque a súa conselleiro do Mar, Alfonso Villares, dixo o pasado 8 de xaneiro que "non se podía extraer" esta material da auga e dous días despois pediulle medios marítimos e aéreos ao Goberno central para a procura.

"Ao que se refería a carta do conselleiro era con datos e argumentos daquel momento. Claro que é moi difícil recoller pélets no mar se saen dos sacos, pero nos sacos ten que ser posible. Queremos localizar sacos", explicou o líder da Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta