Piden oito anos de cárcere para un home que en menos dun mes distribuíu 74 arquivos de pornografía infantil en Noia

"Polo menos, entre o 20 de febreiro e o 3 de marzo de 2021, procedeu a fornecer a outros usuarios deste tipo de programas informáticos un mínimo de 74 arquivos con vídeos e imaxes ou fotos" nas que se podía visualizar a menores de dezaseis anos en prácticas sexuais, segundo a Fiscalía.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2024 | Actualizada ás 13:25

Comparte esta noticia

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña xulgará a un home por distribución de material pornográfico e para o que se piden oito anos de cárcere. No seu escrito de cualificación, Fiscalía sostén que, entre febreiro e xuño de 2021, o acusado convivía, xunto co seu cónxuxe, no partido xudicial de Noia.

Tamén expón que nunha habitación situada na primeira planta do domicilio, habilitada a modo de despacho, dispuña dun computador no que instalara un programa de descargas co que compartiu material deste tipo. En concreto, sinala que "polo menos, entre o 20 de febreiro e o 3 de marzo de 2021, procedeu a fornecer a outros usuarios deste tipo de programas informáticos un mínimo de 74 arquivos con vídeos e imaxes ou fotos" nas que se podía visualizar a menores de dezaseis anos en prácticas sexuais.

Exterior da Audiencia Provincial da Coruña
Exterior da Audiencia Provincial da Coruña | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta