Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 15/01/2024 | Actualizada ás 14:49
Dúas persoas resultaron feridas e tiveron que ser evacuadas polo Servizo de Urxencias Santiarias de Galicia- 061ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) tras a colisión dun turismo e un camión en Amoeiro. Trátase do piloto e copiloto do turismo.
O sinistro, segundo informou o 112, produciuse sobre as 9,10 horas deste luns. O condutor do camión informou ao 112 da colisión frontal contra este vehículo ao seu paso por Amoeiro, no quilómetro 11 da OU-0526, á altura de Rouzós.
O condutor do camión tamén informou de que transportaba gasóleo para calefacción, unha carga que non se viu afectada o sinistro.
Así as cousas, o 112 Galicia informou o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, axentes de Tráfico, Bombeiros do Carballiño e efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.
O persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmou ao 112 Galicia que, finalmente, foran evacuadas dúas persoas ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUOU), o piloto e o copiloto do turismo. O condutor do camión renovou a marcha en canto déronse as circunstancias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.