Dúas mulleres resultan feridas nun accidente de tráfico na A-52, en Ourense

O vehículo saíu da vía e envorcou

Por E.P. | OURENSE | 16/01/2024 | Actualizada ás 13:36

Comparte esta noticia

Dúas mulleres de entre 50 e 55 anos de idade resultaron feridas este martes nun accidente de tráfico rexistrado á altura da saída 224 da A-52, no municipio de Ourense. Segundo informou a Garda Civil as dúas mulleres viaxaban nun vehículo que se saíu da vía e envorcou. Unha das ocupantes quedou atrapada, polo que ao lugar acudiron os bombeiros.

Ademais dos axentes de Tráfico da Garda Civil, ao momento desprazáronse os servizos de Urxencias Sanitarias do 061, que evacuaron ás dúas mulleres que resultaron feridas de carácter leve.

Dúas mulleres resultan feridas nun accidente de tráfico na A-52, en Ourense. GARDA CIVIL
Dúas mulleres resultan feridas nun accidente de tráfico na A-52, en Ourense. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta