Ventos de máis de 100km/h e ondas de 5 metros, primeiros efectos do temporal que se achega a Galicia

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/01/2024 | Actualizada ás 10:02

Comparte esta noticia

Punta Candieira, no municipio de Cedeira, rexistrou ventos de 107,3 quilómetros por hora na madrugada deste luns, unha xornada de alerta laranxa na costa galega na que se produciron ondas por encima de 5 metros.

Segundo a información de Meteogalicia, a madrugada de luns tamén deixa ventos por encima de 100 quilómetros por hora no Xistral, municipio de Muras (103,5 kms/h). Isto ocorre nun día no que entra un fronte a Galicia e hai vento do suroeste.

Pola súa banda, os datos de Portos de Estado, dependente do Ministerio de Transportes, mostran ondas de máis de 5 metros en diferentes aboias: Estaca de Bares, Vilán-Sisargas e cabo Silleiro. Será unha xornada complicada no mar, con alerta laranxa ata as 21,00 horas.

Grandes ondas e forte vento nun temporal na Coruña
Grandes ondas e forte vento nun temporal na Coruña | Fonte: M. Dylan - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta