Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2024 | Actualizada ás 11:11
O valor da hectárea de pastos e pasteiros en Galicia sitúase en 17.700 euros en 2023, por encima da media da media de 10.200 euros por hectárea en España.
Así se recolle no informe 'Suelo Agrario en España 2023', elaborado polo Servizo de Estudos de Tinsa, a maior empresa de valoración de leiras rústicas en España, con máis de tres millóns de hectáreas taxadas desde 2008.
Este estudo apunta que "se está producindo un abandono das terras" nos prados da comunidade galega. No tocante a outros cultivos, apunta a novidades en herbáceos coa aposta por aplicacións para a industria cervexeira, máis aló da alimentación do gando.
No tocante a viñedos en Galicia, o valor da hectárea está en 37.800 euros en secano e en 38.900 euros en regadío, en ambos os casos por encima da media española. Apunta aos problemas en denominacións de Ourense, posto que "o cambio nos patróns de precipitacións nesta zona, a miúdo intensas, danan a planta comprometendo a formación do froito e reducen a produción".
O valor do chan agrario aumenta en 2023, a pesar das condicións climáticas e económicas adversas, segundo o informe Tinsa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.