Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/02/2024 | Actualizada ás 17:09
A Unión Europea seleccionou para a súa inclusión no Programa de cooperación Interreg España-Portugal (Poctep) un proxecto no que participa a Xunta dirixido á recuperación e mellora da conservación da 'píllara das dunas', unha ave cualificada como vulnerable e da que Galicia concentra a poboación existente na costa cántabro-atlántica española.
A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, asistiu este xoves en Coimbra ao acto de presentación de Iberalex, unha iniciativa lidera pola USC e na que participan como socios a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a sociedade conservacionista portuguesa Vita Nativa e as universidades de Aveiro e Coimbra, por parte lusa, e de Estremadura e Cádiz, pola española.
Segundo informou a Xunta, a 'píllara dás dunas' é unha ave autóctona de Galicia e a única comunidade do norte do país na que está presente, aínda que cunha poboación en situación de retroceso.
Belén do Campo lembrou que a Dirección Xeral de Patrimonio Natural iniciou hai anos un plan de recuperación da especie na Comunidade, con medidas e proxectos que "dan os seus froitos" e que grazas ao proxecto Iberalex e aos fondos europeos destinados ao mesmo seguirán tendo continuidade ata o ano 2027 e poderán extrapolarse a outras rexións da UE.
En concreto e co obxectivo de aumentar o éxito reprodutor destas aves, remarcou o carácter innovador dalgunhas das medidas implementadas en Galicia neste ámbito, en especial, o programa de incubación artificial para a cía de pitos co fin de incrementar as poboacións locais desta especie.
Finalmente, Belén do Campo explicou que polas accións desenvolvidas no marco plan de recuperación, o último censo encargado pola Xunta á USC constatou que a poboación nidificante galega ascendía o pasado ano a 84 parellas distribuídas por 27 praias, un balance lixeiramente superior ás 81 parellas identificadas en 2021.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.