Por Galicia Confidencial | Ourense | 05/02/2024 | Actualizada ás 19:26
Xunto á alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela, Xosé Manuel Merelles puxo o pasado domingo en valor o proxecto de acondicionamento da panorámica da contorna das escolas para uso turístico que contribuirá a impulsar a afuencia de visitantes a este municipio e tamén manifestou o compromiso do PP por potenciar turisticamente as covas da comarca como un dos activos etnográficos que máis identifican a cultura do viño en Valdeorras.
Quen fora ata hai pouco director da Axencia Turismo de Galicia, posto do que cesou para se integrar na candidatura do PP de Ourense de cara aos comicios do 18 de febreiro, fixo tamén este luns 5 de febreiro un percorrido a pé do tramo do Camiño de Inverno entre Sobradelo e A Rúa. Cada ano percorren este itinerario máis de 2.300 peregrinos/as, motivo dabondo para que, dixo Merelles, “dende o Partido Popular traballaremos para conseguir que esta cifra aumente, que sexan moitos máis os peregrinos que circulen cada ano polo Camiño de Inverno porque segue a ser a ruta xacobea máis descoñecida de todas e, probablemente, unha das máis fermosas. Por iso, comprometémonos a investir na súa promoción e na súa divulgación”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.