O Sergas aposta por atender á xente na casa e extenderá o plan de atención primaria a domicilio ata 2025

Xa estaba implantado como plan piloto na zona de Val Miñor desde 2022.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2024 | Actualizada ás 14:47

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) destinará un total de 6 millóns de euros, entre este ano e 2025, para estender a todo o territorio o plan de atención primaria a domicilio.

Así o avanzou o presidente galego, Alfonso Rueda, tras finalizar a penúltima reunión semanal do Consello da Xunta antes das eleccións do 18 de febreiro. O mandatario autonómico reivindicou o "éxito" que supuxo a implantación do plan de hospitalización a domicilio, con 7.000 pacientes atendidos.

Por tanto, agora estenderase á atención primaria en toda Galicia, aínda que xa estaba implantado como plan piloto na zona de Val Miñor desde 2022.

Alfonso Rueda preside a reunión do Consello da Xunta do 8 de febreiro de 2024.. XUNTA
Alfonso Rueda preside a reunión do Consello da Xunta do 8 de febreiro de 2024.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta