Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2024 | Actualizada ás 11:40
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, deu este venres o pistoletazo de saída ao 'Entroido' da capital ourensá subido ao palco da Orquestra Os Satélites, disfrazado de astronauta e acompañado de dous robots. Un acto que aproveitou para pedir o voto para o seu partido nas eleccións galegas, aínda que de xeito irónico.
Alí, sobre o escenario da orquestra, o líder de Democracia Ourensá iniciou a súa intervención -- que subiu ás súas redes sociais baixo o título 'Aterraxe do alcalde Jácome. Planeta Entroido Ourense'-- sinalando que acababan de "aterrar" no 'Entroido' ourensán, onde estarán "durante catro ou cinco días, ata o mércores de cinza". "E despois son as eleccións", proclamou.
A continuación, no ecuador da campaña das eleccións autonómicas que se celebrarán o 18 de febreiro, o rexedor ourensán ironizou: "O último que eu faría nun pregón sería pedir o voto para nós. Sería o último que faría, pero o feito de que fose o último que faría, non quere dicir que non o faga". "É unha broma", manifestou Jácome antes de concluír que este será "o mellor 'Entroido' de sempre".
VIVA EL CARNAVAL DE OURENSE pic.twitter.com/siutQC84LR
— Gonzalo Pérez Jácome -Alcalde de Ourense- (@gonzalojacome) February 9, 2024
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.