Unha representación propia

Nestes últimos días, algunhas opinións insistiron na prescindibilidade dunha representación galega propria no vindeiro Parlamento estatal. Dende PODEMOS afirmábase que un Grupo Parlamentario galego non resolvería o problema dos desafiuzamentos, mentres que o catedrático de Dereito Constitucional R. Blanco Valdés viña dicir que dende formulacións políticas estatais Galicia perde e gaña ás veces, en canto que con representación galega soberana perderíamos sempre por sermos minoría no conxunto do Estado.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 30/08/2015

Comparte esta noticia
Unha e outra perspectiva, partillando certa aparente lóxica superficial, non explican porqué este verán milleiros de galegos coinciden na necesidade de que Galicia teña voz propia na vindeira lexislatura estatal, que abordará, canto menos, unha limitada revisión político-constitucional. Nun tal contexto, Cataluña, Valencia, as Illas Baleares, Canarias, Navarra ou Euskadi van contar con interlocutores propios. E Galicia, cun 5,5% do PIB e un 6% da poboación estatais, non será protagonista senón garante unha representación propia que defenda a nosa identidade e  intereses. As bases da actividade económica galega son  prescindíbeis para o conxunto do Estado. Que forza estatal vai amparar os nosos sectores lácteo, forestal, naval, tecnolóxico, audiovisual ou mar-industria? Qué partido estatal vai defender a mellora do noso financiamento local, que detrae máis de 1100 M€/ano (uns 430 € por cada galego)  da cobertura dos nosos servizos sociais ao non ponderar o avellentamento e dispersión poboacionais? Só con estes cartos, os  nosos concellos darían amañado  as peores consecuencias sociais da Depresión.
 
Así e todo,  unha representación galega soberana e plural non pode casar con ninguén, mais tampouco defender neutralidades imposíbeis. É  evidente que hai forzas estatais que acreditan máis ca outras no respecto á plurinacionalidade do Estado, nos valores da rexeneración democrática e da transparencia e  nunha axenda social que aposte polas persoas e pola  cohesión social. A futura Maré ou candidatura unitaria de País semella que non podería esquecer unha realidade tan evidente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.