Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2024 | Actualizada ás 13:47
Vox quedou no 3,4% dos votos no concello ourensán de Avión, único lugar de Galicia onde o partido de Santiago Abascal ten representación co edil logrado nas municipais de maio de 2023.
Entón, alcanzaron o 18,8% dos sufraxios cun total de 176 papeletas que lle reportaron unha acta de concelleira Lilian Cerdeira Mosquera. Nove meses despois, nas eleccións galegas só houbo 27 papeletas de Vox nas urnas do municipio ourensán, onde o PP levou o 84,4% dos votos. Así, Vox foi cuarta forza, por detrás dos populares, o BNG (6,3%) e PSdeG (3,95%).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.