O PSOE local insta a negociar coas compañías aéreas novas rutas desde o aeroporto de Santiago

Avisa de que a redución prevista por Ryanair implicaría pasar de 25 a 20 conexións, afectando especialmente ás internacionais.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 21/02/2024 | Actualizada ás 15:54

Comparte esta noticia

O PSOE local de Santiago presentará unha moción no próximo pleno para instar o goberno local a que negocie coas compañías aéreas novas rutas desde o aeroporto Rosalía de Castro ante a redución prevista por Ryanair. Os socialistas composteláns sinalan que esta compañía, que é a que ten unha maior presenza no aeroporto compostelán, prevé reducir o número de prazas ofertadas na tempada de verán (abril-outono) en 400.000, pasando de ter 25 a 20 conexións, o que afectará de forma especial ás rutas internacionais.

Nunha rolda de prensa ofrecida este mércores e da que informou o PSOE local nun comunicado, o concelleiro socialista Sindo Guinarte instou ao goberno municipal, a través de Incolsa, a levar a cabo acciones específicas para que as compañías aéreas que poidan estar interesadas coñezan as vantaxes desta terminal, así como a traballar con elas par a posta en marcha de novas rutas e conexións directas.

O que fose responsable de Turismo durante goberno de Xosé Sánchez Bugallo insistiu en que os viaxeiros que chegan en avión supón o turismo "máis desestacionalizado á marxe da tempada alta". O concelleiro socialista sinala que o aeroporto de Lavacolla leva, ou "levaba", varios anos de crecemento continuo, "superando o tres millóns de viaxeiros sendo, mesmo, un dos que mellor se recuperou dos efectos da pandemia.

Os socialistas tamén reclaman a convocatoria do Comité de coordinación aeroportuaria de Galicia, no que participan todas as administracións implicadas e que ten, entre as súas funcións, canalizar as actuacións relacionadas coa promoción do transporte aéreo. Tamén propoñen instar a AENA a levar a cabo un plan de mercadotecnia específica para potenciar o aeroporto de Compostela como referencia aeroportuaria de Galicia.

O Aeroporto Rosalía de Castro de Santiago
O Aeroporto Rosalía de Castro de Santiago | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta