Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/02/2024 | Actualizada ás 15:24
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) fixo un chamamento á cidadanía a doar sangue, especialmente dos grupos A negativo, B negativo e 0 negativo, ao ter as reservas en niveis baixos. Ademais, están en niveis medios as dos grupos sanguíneos A positivo, 0 positivo, B positivo e AB negativo, mentres que só o AB positivo está nun bo nivel.
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) lembra que se precisan case 500 achegas ao día para a actividade do Sergas. Por iso, chama a achegarse a doar nalgunha das dez unidades móbiles que diariamente percorren Galicia ou en calquera dos sete locais permanentes que hai nas sete principais cidades da Comunidade. Poden doar todas as persoas de entre 18 e 65 anos que pesen máis de 50 quilos e non padecesen ou padezan enfermidades transmisibles a través do sangue.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.